Anamnese - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Anamnese
Do termo grego "anámnesis". Adoitase traducilo por reminiscencia. Platón introdúceo no Menón para formular a súa coñecida asimilación da aprendizaxe á lembranza ou reminiscencia. Segundo a teoría platónica da reminiscencia, a alma, sendo inmortal, coñeceuno todo na súa existencia anterior polo que, cando creemos coñecer algo, o que realmente ocorre é que a alma lembra o que xa sabía. Aprender é, polo tanto, lembrar.